20170530_120456

Clausura do 1700 aniversario do nacemento de San Martín de Tours

Clausura do 1700 aniversario do nacemento de San Martín de Tours

Deica ao próximo aniversario 2117. «Mil anos na túa presenza son un onte que pasou, unha velada nocturna (.s.89)

TVG: Televisión Galega. 10.00 horas.

San Martiño naceu no século IV, ao redor do 317. Como Vostedes saben, é o patrón da diocese de Ourense e tamén o patrón da S. I. Catedral. Alá polo século VI, San Martiño de Dumio, oriúndo da Hungría como o noso Santo de Tours, tivo a corazoada de pedirlle ao rei visigodo, Carriarico, que mandase emisarios a Tours de Francia para traer a Ourense unha reliquia do Santo e, así, curar ao seu fillo enfermo. O rei fíxolle unha ofrenda moi valiosa ao Santo de Tours, pero non obtivo ren. Logo caeu na conta de que o que o Santo quería era a súa conversión e maila conversión de tódolos seus súbditos a verdadeira relixión. Así o fixeron o rei e con el todo o pobo. Como consecuencia o fillo do rei Carriarico recuperou a saúde.

Dende aquela Ourense celebra tódolos anos a San Martiño de Tours o día once de novembro. Ademais da procesión e misa solemne na catedral, ademais das festas en cada unha das moitas parroquias que en Galicia ten por patrón a San Martiño, outros moitos pobos e institució s diversas únense ao festexo pois son moitos os que están baixo o seu padroado. No ano pasado, con presencia de cardeais, de arcebispos, bispos, sacerdotes e moitísimos fieis, tivemos unha moi solemne eucaristía celebrando o 1700 aniversario do nacemento de San Martiño de Tours, que neste domingo estamos a pechar. Tamén estivemos de peregrinación en Tours de Francia confraternizando con aquela comunidade cristiá.

A Coral de Ruada ambientou a festa como so ela sabe facer. E deixamos unha inscrición pegada na cripta, testemuña do noso paso por Tours.

Agora só nos agarda peregrinar a Hungría para coñecer o pobo e maila casa onde naceu Martiño que, segundo tradición, consérvase; e nos xa estamos en contacto con Sr. Bispo de aquela diocese.

]]>

Los comentarios están cerrados.