• 18 noviembre, 2016

Concierto de San Martiño 2016 (17 – XI – 2016)

dsc_0011

Concierto de San Martiño 2016 (17 – XI – 2016)

Señoras e Señores: Boa noite a todos Vostedes.
Un ano máis a S.I. Catedral de Ourense abre as súas portas para acollelos a todos Vostedes, amantes da música sacra e, neste caso, namorados da música de órgano. Está connosco o prestixioso concertista Giulio Mercati, que, con unha basta carreira musical, é director e creador de afamados festivais internacionais e, actualmente, é profesor de Música Sacra na Facultade de Teoloxía de Lugano.
Temos unha novidade que ofrecerlles no concerto de San Martiño 2016. Está connosco Lidia Basterretxea, actualmente directora do coro de Voces Brancas do Teatro Sociale di Como e colaboradora no proxecto “Opera Domani” para a difusión da ópera na escola italiana; Lidia é unha recoñecida soprano, que hoxe, con Giulio Mercati, interpretará para todos vostedes pezas de música sacra dos séculos dezaoito e dezanove.
O noso máis cordial agradecemento ós Amigos da Catedral por brindarnos este magnífico concerto. Un saúdo moi cordial a os participantes no congreso internacional de “San Martín de Tours y su proyección en la Galaecia de época sueva”, patrocinado pola Excma. Deputación Provincial, pola Universidade de Vigo e polo Bispado de Ourense.
E, como sempre, agradecémoslle o seu saber estar a tenor do espazo sagrado que estamos utilizando; rogámoslle que apaguen os seus móbiles ou celulares para non distraernos na audición; e que San Martiño, o noso Santo Patrón, do que estamos celebrando o 1700 aniversario do seu nacemento, interceda por todos nós para que sexamos un pouquiño mellores no curso que estamos comezando. Moitas grazas e un feliz concerto.

Dejar una Respuesta

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje