• 20 octubre, 2019

Domund 2019

Domund 2019

 

Mes Extraordinario de Misións

¿Por que neste ano o mes de outubro é un  mes misioneiro extraordinario? Porque estamos celebrando o centenario da carta Maximum Illud (30 – XI – 1919) do papa Benedito XV, que escribiu o primeiro documento misioneiro. Rematara daquela a primeira guerra mundial e o mundo quedara traumatizado. ¿Que se lle pedía naquela carta encíclica aos misioneiros? Pedíalle aos misioneiros que evitaran os nacionalismos, que vivirán pobremente, que se prepararan ben para ir á misión, estudando as linguas indíxenas, que vivirán a caridade e que confiaran plenamente en Deus.

Neste mes de outubro celebramos o aniversario de esta encíclica con un lema claro e directo: “bautizados e enviados”.  Trátase de que descubramos no noso bautismo a raíz de toda misión evanxelizadora; que aceptemos ser canles polos que a fe, don de Deus, poida chegar gratuitamente aos nosos irmáns. Trátase, en definitiva, de que saiamos de nos mesmos e nos abramos aos demais; de que as nosas relación cos outros xeren vida polo amor, polo diálogo, pola comprensión e misericordia, pola axuda desinteresada, sendo en todo clara expresión do amor de Deus Pai.

A Igrexa de Cristo segue en misión no mundo e precisa de mulleres e homes que, polo seu compromiso bautismal, respondan con xenerosidade a chamada de saír da casa, da súa familia, da súa patria, da súa lingua e ir ao encontro dos que nos esperan, porque precisan da nosa axuda en respecto e dignidade, en sanidade e hixiene, en educación e cultura e tamén en catequese para poder valorar a fe e coñecer mellor a Xesucristo.

Misioneiros Ourensáns

E, dentro da liberdade persoal de cada un, estes homes e mulleres serán quen de anunciar a Palabra de Deus, de ser testemuñas do Evanxeo e de celebrar a presenza do Espírito, que chama a conversión para alcanzar a salvación polo bautismo.

E, para conseguir todo isto, precísanse as axudas económicas das comunidades cristiás e tamén respaldo aos que marcharon a terras de misión; pero, sobre todo, a oración, que é a alma de toda misión.

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.