• 16 agosto, 2018

Roque Santo e Peregrino

Roque Santo e Peregrino

Roque Santo e Peregrino

O día 16 festexamos a Roque Santo e Peregrino. Naceu en  Montpellier no século XIV, daquelas pertencente ao reino de Mallorca. Peregrino dende o sur de Francia á Roma e, por iso,  máis que peregrino, foi romeiro. Santo dos altares con unha mensaxe clara para tódolos crentes cristiáns: amar aos pobres e mailos enfermos. Por iso, as capelas e os hospitais deste tempos teno polo seu patrón e santo intercesor. Os afectados pola peste negra e polos males da Europa de aquel tempo acudían ao santo: “líbranos de pestes e males, Roque santo e peregrino”.

A iconografía de San Roque e de todos coñecida: o cadelo que lambe as súas chagas, o seu bastón para o camiño, un anxo da garda que o acompaña e que acompaña aos pobres e aos enfermos, un sombreiro a catro augas para resgardarse da chuvia e mais do sol, un manto ata os xeonllos con escraviña sobre os ombros. É dicir, un auténtico peregrino con vieira incluída..

San Roque está presente na nosa diocese, de un xeito especial en Lobios, en Bande, en Celanova, en Xinzo, en Ourense, case que sempre con capelas e hospitais que viñan a ser como áreas de servizo das autovías daquel tempo. De todas as vilas, Celanova é a que máis festexa a San Roque. Levo varios anos participando nestas festas. Non quero ser subxectivo na miña apreciación; pero teño que dicirlles que é moi difícil encontrar unha procesión e unha igrexa abacial tan abarrotada de xente como nestas festas na vila de San Rosendo.

Tamén se celebra a san Roque na Catedral de Ourense, con solemnidade e devoción. Neste ano animada no canto pola coral Aqua Musica de Ourense. Pouco a pouco vaise repondo unha festa vencellada dende sempre ao concello polo pacto feito con San Roque para verse libre de “pestes e males” e con unha procesión hoxe moi reducida, pero que temos que reavivar e fornecer. En Ourense recordamos a Alameda do Concello, onde houbo un hospital e unha capela baixo o patrocinio de San Roque.

 

 

 

 

 

 

 

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a catedralourense@gmail.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a catedralourense@gmail.com. Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.