IMG_3427

Vixilia Pascual

Vixilia Pascual na Noite Santa

 Segundo a tradición antiga, esta é unha noite de vela en honor do Señor, e a Vixilia que ten lugar na mesma, conmemorando a Noite Santa en que o Señor resucitó, ten que considerarse como «a nai de tódalas Santas Vixilias” (San Agustín).  Durante a vixilia, a Igrexa espera a resurrección do Señor e celébraa cos sacramentos da iniciación cristiá. Os fieis, tal como recomenda o Evanxeo (Lc 12: 35-48) deben parecerse aos servos coas lámpadas acesas nas súas mans a espera do seu Señor, de xeito que, cando chegue, atópeos vixiantes e poida convidalos a sentarse na súa mesa.  Esta vixilia é figura da verdadeira Pascua de Cristo, da noite da verdadeira liberación, na que «destruíndo os lazos da morte, Cristo ascende victorioso do abismo».  É costume levar auga bendita, bendecida na Vixilia Pascual, para as nosas casas ou para os nosos lugares de traballo e diversión. Galería de Fotos:       ]]>

Los comentarios están cerrados.