Festa de san Roque patrón da Policía Municipal

SAN ROQUE E A ATENCIÓN AOS APESATADOS E AOS  ENFERMOS:

Despois da experiencia vivida da Covid 19, hoxe todo o mundo sabe o que é unha peste universal e dase conta das mortes que provoca, malia os avances científicos da medicina e a xenerosa entrega das persoas ao coidado dos afectados.

San Roque, de camiño cara Roma como peregrino, é sorprendido pola Peste Negra. Máis da metade da humanidade dezmouse  pola peste Negra.

Roque sabe ler os signos dos tempos e comprende cal é a vontade do Señor:  non é que chegue a Roma, senón que coide dos apestados e que se entregue en corpo e alma ao seu coidado. El así o fixo. E o Señor felicitouno e deulle a ben vida. “Vinde, benditos do meu Pai, recibide a herdanza do reino preparado para vós dende a creación do mundo. Por que tiven fame e déstesme de comer, tiven sede e déstesme de beber, fun forasteiro e acolléstesme, estiven espido e vestístesme, enfermo e visitástesme, na cadea e viñéstesme ver”. “Cando o fixestes con un destes irmáns máis pequenos, fixéstelo comigo” (Mt. 25 31– 40).

 Ben queridos irmáns aprendamos do seu exemplo e sexamos xenerosos a hora de atender e coidar aos nosos enfermos. Roque Santo e Peregrino deféndonos de pestes e males . 

GALERÍAS DE FOTOS:

Los comentarios están cerrados.