GRUPOS BÍBLICOS
DIOCESE DE OURENSE
2026 – 2027
Comezamos un novo curso e queremos presentar e facilitar novos materiais para a animación dos GRUPOS BÍBLICOS. A cita é no Seminario Maior o sábado, 3 de outubro de 10h30 a 13h30 destinada especialmente ás parroquias da cidade e parroquias ás que lles vaia ben. Tamén está previsto ir ás zonas tal como se expón na Programación diocesana. Os Grupos Bíblicos son un acercamento a Palabra de Deus, sinxelos de animar e producen froitos importantes.

