SAN MARTIÑO DE TOURS, PATRÓN DE OURENSE
SOLEMNE NOVENA
Del día 3 de noviembre al día 11
Ourense celebra ao seu patrono: Ourense celebra un ano máis a festividade do seu patrón, san Martiño de Tours. Unha celebración que, ademais de tradición relixiosa, é unha oportunidade para volver ás raíces históricas e cristiás da nosa cidade. Cómpre lembrar que san Martiño de Tours nunca estivo persoalmente en Ourense. A súa devoción chegou da man doutro gran Martiño: san Martiño de Dumio, tamén procedente da Panonia, territorio que hoxe corresponde, en boa parte, a Hungría.

Segundo relata Gregorio de Tours, o rei suevo Carriarico, ante a enfermidade do seu fillo Mirón, acudiu á intercesión de san Martiño de Tours, buscando a súa curación. A tradición vincula este acontecemento á conversión do rei e do seu pobo ao catolicismo, deixando atrás o arianismo. Así quedou profundamente unida a figura do santo á historia relixiosa de Ourense.
Dous Martiños, unha mesma terra de orixe: Os dous Martiños estaban vinculados á Panonia, aínda que viviron en épocas diferentes. San Martiño de Tours, nacido arredor dos anos 316-317, pasou de soldado a monxe e de monxe a bispo. Foi un home de profunda fe, sinxeleza e caridade. Pastoralmente distribuíu a diocese de Tours en parroquias e nomeu misioneiros por grupos para a súa evanxelización. Por outra banda, San Martiño de Dumio, pola súa parte, sendo bispo de Braga, destacou como misioneiro e organizador da Igrexa no noroeste peninsular, promovendo a formación dos sacerdotes e a vida cristiá das comunidades.
Pero o episodio máis coñecido de san Martiño de Tours é o da capa. Sendo soldado, atopou un pobre que pasaba frío á beira do camiño. Sen ter outra cousa que ofrecerlle, partiu a súa capa militar e compartiu con el unha parte. Aquel xesto converteuse nunha das imaxes máis fermosas da caridade cristiá. Martiño comprendeu que non abonda con mirar o necesitado: hai que achegarse, compartir e axudar. Naquel pobre descubriu o rostro de Cristo.
Un San Martiño para un ano especial: A celebración deste ano chega nun momento delicado para España. Estamos na véspera das eleccións xerais, convocadas para o próximo 29 de novembro, e aínda conmocionados pola grave traxedia ferroviaria de Urda, en Toledo, que deixou vítimas e familias sumidas na dor.
Son días de desconcerto, tristeza e preocupación. Días nos que cómpre estar ao lado dos que sofren, respectar a dor das familias e evitar que as desgrazas humanas se convertan en ocasión para buscar vantaxes ou réditos políticos.

Neste contexto, san Martiño ofrece unha mensaxe especialmente necesaria: compartir, achegarse a quen sofre e descubrir no necesitado o rostro de Cristo.
Feliz festa de san Martiño! Que o noso patrón siga sendo para Ourense exemplo de fe, caridade e fraternidade.

