• 24 abril, 2019

Introducción á novena do Santo Cristo de Ourense

Introducción á novena do Santo Cristo de Ourense

Novena ao Santo Cristo de Ourense
“Por tu pasión y muerte en cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos en la vida y en la muerte”. Pidamos al Santo Cristo de Ourense por nuestras intenciones y por las intenciones de toda la Iglesia (breve silencio).
Oración:
Oh Dios, que quisiste que tu amantísimo Hijo sufriese por nosotros el suplicio de la Cruz para arrojar de nosotros la tiranía del enemigo, concédenos a tus siervos, conseguir la gracia de la Resurrección. Por Cristo Nuestro Señor. Amén
A novena ao Santo Cristo de Ourense celébrase, coma tódolos anos, do 25 de abril ao 3 de maio; con misas a tódalas horas desde as oito da mañá, coa novena e con confesións antes de cada misa. Ademais, o 3 de maio, festa do Santo Crsito, celébrase unha misa ás once da mañá por tódolos cofrades defuntos.
Para os devotos do Santo Cristo, que por moitas razóns non poden estar presentes na Catedral, ofrecémoslle a posibilidade de seguir a novena coa sintonía da Cadena SER, ás 13:00 do mediodía. Coa novena do Santo Cristo celebramos a apertura das grandes novenas da cidade: Santo Cristo, Fátima, María Auxiliadora, Santa Rita, San Bernabé, Corazón Eucarístico, Sagrado Corazón …
Os pobos máis próximos a cidade de Ourense, de Lugo, a Coruña, Pontevedra e norte de Portugal, están recuperando a tradición de visitar a capela do Santo Cristo nos días do súa novena. Hai moitos peregrinos a Compostela que aproveitan estas datas para visitar a Catedral, o Pórtico do Paraíso e, sobre todo, ao Santo Cristo na súa capela. 
 
 
Cada ano que pasa a Catedral vaise embelecendo e mellorando pouco a pouco para facerse máis acolledora e, coa nova iluminación, mostrar o seu rico tesouro arquitectónico a todos os visitantes, turistas ou devotos do Santo Cristo. Son os mesmos ourensáns os que se sorprenden da beleza do templo catedraloicio, especialmente se xqa fai tempo que non lle facían unha visita.
«Non busquedes fóra, o que tendes dentro», dixeronlles uns turistas a un grupo de orensáns. E é certo; percorrer a capela do Santo Cristo, sentarse a contemplar, visitar o baldaquino do Crsito, da Nai Dolorosa e atoparse co Cristo do perdón, axuda a recuperar a paz, a tranquilidade interior, o mesmo equilibrio psicolóxico, para logo camiñar pola vida con optimismo e en comuñón cos irmáns.
Lembrámoslles a todos cofrades do Santo Crsitro que é o momento oportuno para renovar a cofradía e de animar a outros para que se animen a formar parte da gran familia dos devotos do Santo Cristo de Ourense.

 

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.