• 10 febrero, 2018

Visita Pastoral del Sr. Obispo a la S. I. Catedral

Visita Pastoral del Sr. Obispo a la S. I. Catedral

Visita Pastoral á S. I. Catedral

Hoxe, día 10, e mañá, día 11 de febreiro, sábado e domingo, o Sr. Bispo fará a Visita Pastoral á S.I. Catedral.

O Bispo, como sucesor dos apóstolos e na posesión da tripla misión de ensinar, santificar e gobernar ao pobo de Deus, é o responsable de facer a Visita Pastoral a tódalas institucións eclesiásticas; neste caso, a Catedral.

Hoxe, sábado, terá dúas reunións: unha cos voluntarios que axudan ao bo funcionamento do templo principal da diocese e outra co clero do Cabido catedralicio. E todo isto porque o Bispo é o “mestre da fe e o heraldo da Palabra”. A el correspóndelle por dereito propio a misión do ensino. “¡Ai de min se eu non predico o Evanxeo!” (1Cor 9,16).

Dejar una Respuesta

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje