• 21 abril, 2019

Domingo de Pascua

Domingo de Pascua

Pascua de resurrección

“Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade das solemnidades, a nosa Pascua: a Resurrección do Noso Salvador Xesucristo segundo a carne” Esta é a nosa fe: cremos que Cristo resucitou de entre os mortos porque aceptamos a testemuña dos apóstolos, que viron o sepulcro vacuo e creron; que comeron y beberon con El, despois da súa resurrección; testemuña que se nos transmite pola Igrexa ao longo dos séculos. Todo isto sucedeu o primeiro día da semana e, a partir daquela, convértese no día do Señor Resucitado (no domingo); Cristo, a pedra que rexeitaron os arquitectos é agora é pedra angular da Igrexa. Nós, pola fe e mailo bautismo, resucitamos con Cristo, o verdadeiro Año que quitou o pecado do mundo, que morrendo destruíu a morte e resucitando restaurou a vida.  E por iso debemos buscar sempre os bens do ceo, onde está Cristo sentado a dereita de Deus Pai.  Felices Pascuas de resurrección para todos. ¡Aleluia!, Cristo resucitou. Aleluia! “Cristo vive e El é a máis fermosa beleza e mocidade para o mundo”.

En Ourense, o domingo de Pascua pola mañá, celébrase coa procesión de Santa María Nai ata as naves da catedral, onde ten lugar o encontro con Cristo Resucitado. Logo a misa de Pascua, harmonizada pola coral do Liceo de Ourense. Máis logo, retorno procesional de Santa María ao seu templo, acompañada polo Excmo. Consistorio, polo Excmo. Cabido catedralicio e polo pobo de Ourense que, con ritmos de gaita e aires de festa acompaña a súa Santa Patroa no día da Pascua de Resurrección do Señor.

Coma sempre, xa na Praza Maior, virán os agradecementos, os saúdos e as despedidas entre as autoridades  civís e relixiosas, contando sempre ca liberdade de expresión para que cada quen interprete como boamente lle pareza.

Galería de Fotos:

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.