• 6 enero, 2020

Fiesta de Reyes. Solemnidad de la Epifanía

Fiesta de Reyes. Solemnidad de la Epifanía

Solemnidade da Epifanía do Señor

Día 6 de xaneiro de 2010

Comenario en galego de un monxe de Samos no ano 1932

<<Epifanía— chamada pol-os gregos Teofanía— é unha festa destiñada a celebrar a aparición ou manifestación do Señor aos homes. Como se pode ollar ista eispresión convenlle do mesmo xeito á Navidade, pois n-ista festa conmemórase a primeíra aparición do Salvador sobor da terra. Ista é a razón por que n-un principio se ce­lebraban n-un mesmo día istas duas festividás de Na­vidade i-Epifanía.

Constituen o misterio da Epifanía, asegún canta a antífona do Magníficat de segundas Vísperas, tres manifestacións de Xesús, primei­ro aos Magos, dempois no Jordán e nas bodas de Caná; tres feítos que se cree tiveron realización n-un mesmo ano. Mais, como se deduce de toda a liturxia da festa, o que abrangue todo o pensamento da Eirexa n-iste día é o misterio da adoración dos Reís Magos, as primicias da xentilidade que viñeron a adourar ao Salvador do mundo. Estos tres sabios, ao ver aparescer no Oriente unha estrela de eistraordinario claror e fermosura, alumeados por unha luz interior, viron n-ela o anuncio da chegada do Mesías esperado, e «se dixeron os uns aos outros: Esta  é a señal  do grande Rey; vaiamos pois, busquémol-o e ofrezámoslle ouro, incenso e mirra» (Ant. ad Magn. 1 Vesp.). E n-aquel intre se puxeron ao camiño. E dempois de un longo e penoso viaxe, ca estrela que lles tiña aparecido por guieiro, chegaron por remate a Belén ende, asegún a profecía de Miqueas, tiña de nascer o Mesías: «i-entrando na corte atoparon ao Neno con María sua nai, e postrán­dose o adouraron; e abertos os seus tesouros lle ofreceron dons, ouro, incenso e mirra» (Math. 2, 1l).

Os Santos PP. e toda a Tradición lembrada pol-a Liturxia, olla-ron n’ista triple ofrenda un homeaxe ao Diviño Neno coma Deus, como Rei e como home. «Que o reconocen por Deus, di San Bernar­do, o indica a adouración, o manifesta a ofrenda do incenso. Mais non somentes o reconocen por Deus senon tamén por Rei, o cal se siñala no ouro. E antre istas cousas non se lles oculta o grande misterio da piedade diviña, pól-o que na mirra que lle ofrecen arrostran que ten de morrer.» (Serm. II Epiph)>> D. Máximo Arias. O.S.B. Real Abadía de Samos. 1932. A Epifanía do Señor, en Revista Logos, 1931 – 1936, tomo I., 178 – 179.

Galería de Fotos:


 

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.