• 29 diciembre, 2019

Solemnidad da Sagrada Familia

Solemnidad da Sagrada Familia

 

Festa da Sagrada Familia

Moi posiblemente, cando algúns lean isto, pensarán que estamos trasnoitados e fora do contexto progresista que se respira hoxe. Porque afirmar con san Paulo que temos que “revestirnos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia” e que temos que “aturarnos uns ós outros e perdoarnos coma o Señor nos perdoou” é cousa do pasado.

Afirmar co papa Francisco que a familia é a escola e o camiño do amor e, por iso, da santidade;  dicir que a familia é  unha chamada a amar de xeito pleno, tal coma Cristo amou a súa Igrexa, sen facer referencia a liberdade e aos dereitos dos membros da parella non soa ben nunha sociedade hipersensibilizada coa autoestima e a propia autonomía. Pero, gracias a Deus, temos moitos exemplos de amor e de xenerosidade nas nosas mesmas familias. Hoxe a Igrexa recórdanos isto na festa da Sagrada Familia,

A nosas nais tiñan moitas imperfeccións, pero tiñan moita máis xenerosidade de entrega ao Señor e aos seus familiares. Os «pais e as nais, que crían aos fillos con amor e que traballan para levar o pan ás súas casas son sinais da santidade.  En moitas familias encontramos aos «santos das portas veciñas» cos que nos cruzamos na vida diaria. Pero o maior modelo a imitar témolo na sagrada familia, na «santa comunidade formada por Xesús, María e Xosé», que reflicten o amor e a beleza da comuñón trinitaria»

A vida familiar, coa súa incrible riqueza e variedade, é o lugar onde temos que vivir a santidade á que somos chamados. Non podemos soñar con un camiño de santidade fora das esixencias e responsabilidades diarias da vida do fogar. O amor matrimonial e familiar vai mesturado coa complicada rede de obrigas, intereses e condicións que proveñen do mundo profesional, económico, educativo e cultural. E non esquezamos  que “o belén, nun ambiente de ceo estrelado no medio da escuridade e do silencio da noite, ilumina o noso mundo e da resposta as nosas inquedanzas”. ¡Feliz aninovo para todos!

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.