Preparando la novena al Santo Cristo

Novena ó Santo Cristo de Ourense




Do 25 de abril ó 3 de maio ten lugar a novena do Santo Cristo de Ourense na S.I.Catedral. Desde as 8 da mañá ata as 9 da noite está a súa capela aberta para ofrecer a tódolos que queiran a posibilidade de particiñar na Eucaristía,  de rezar, de reflexionar, de contemplar ou tamén de ler a Palabra de Deus e facer lectio divina, si este é o seu desexo.
Ábside Catedral

Dentro do ano xubilar da misericordia e no 1700 aniversario de San martiño de Tours, a Igrexa ofrécenos un tempo oportuno para contemplar os misterios da paixón, morte e resurrección do Señor, e para renovar as promesas bautismais, facendo posible que a divina misericordia chegue abudante ó noso corazón, nos transforme y nos conceda a fortaleza necesaria para transmitila ós demáis. “Pero obras son amores…”; no cumplimento das obras de misericordia,  corporais e espirituais, temos o camiño máis doado para ser misericordiosos como Deus é misericordioso con nós. Seguindo o exemplo de San martiño de Tours, podemos facer opción de vida por Cristo, esquecendo as propostas que o mundo nos ofrece e apostando por ideais máis espirituais sempre en beneficio da Igrexa e dos iermáns que mailo precisan.
Rosetón capilla mayor.

A nosa Igrexa diocesana ben de apostar por a realización de un sínodo que nos poña ó día no compromiso eclesial de evanxelizar á nosa terra co testemuño da palabra e das obras.  Comprobando acotío que o mundo vai por un lado e a Igrexa e as súas institucións por outro, temos que preguntarnos: ¿que nos está pasando?, ¿por que non nos encontramos? Ós pes do Santo Cristo de Ourense revisemos a nosa vida de fe e aprendamos da Cruz a lección da xenerosidade e do amor ós irmáns. 
Capilla Santo Cristo.
]]>

Los comentarios están cerrados.