SOLEMNIDADE DOS APÓSTOLOS PEDRO
E PAULO
Tú es Pedro, e dareiche as chaves do reino dos ceos.
(Mt 16, 13-19)
<O Papa, dende san Pedro ata mín, o seu indigno sucesor, é un humilde servo de Deus e dos irmáns, e nada máis que isto> León XIV
No Evanxeo (Mt.16,13-19), Xesús pregunta aos discípulos: «E vós, quen dicides que son eu?». Pedro responde: «Ti es o Mesías, o Fillo de Deus vivo». E Xesús confíalle unha gran misión: «Ti es Pedro, e sobre esta pedra edificarei a miña Igrexa».
Esta misión continúa hoxe na Igrexa a través dos sucesores de Pedro, os Papas, e pode resumirse en tres tarefas fundamentais: anunciar o Evanxeo, celebrar os sacramentos e dar testemuño de amor e caridade.
Primeiro, anunciar o Evanxeo. Todos estamos chamados a anunciar a Cristo, non só coas palabras, senón tamén coa nosa maneira de vivir. Cada un de nós pode ser un reflexo do Evanxeo na familia, no traballo e entre os veciños.
Segundo, celebrar os sacramentos. A fe non é só unha idea, senón un encontro vivo con Cristo. Nos sacramentos o Señor segue presente e fortalece a nosa vida. Por iso, tamén debemos recuperar o valor do bautismo, da primeira comuñón, da confirmación e do matrimonio, para que non queden esquecidos na vida da nosa comunidade.
E terceiro, dar testemuño de amor e caridade. Non hai fe verdadeira sen amor ao próximo. Unha parroquia dedicada a San Pedro será fiel ao seu patrón se é unha comunidade acolledora, próxima aos que sofren, atenta aos necesitados e capaz de unir ás persoas onde outros levantan divisións.



