20180721_180617

Domund 2019

Mes Extraordinario de Misións ¿Por que neste ano o mes de outubro é un  mes misioneiro extraordinario? Porque estamos celebrando o centenario da carta Maximum Illud (30 – XI – 1919) do papa Benedito XV, que escribiu o primeiro documento misioneiro. Rematara daquela a primeira guerra mundial e o mundo quedara traumatizado. ¿Que se lle pedía naquela carta encíclica aos misioneiros? Pedíalle aos misioneiros que evitaran os nacionalismos, que vivirán pobremente, que se prepararan ben para ir á misión, estudando as linguas indíxenas, que vivirán a caridade e que confiaran plenamente en Deus. Neste mes de outubro celebramos o aniversario de esta encíclica con un lema claro e directo: “bautizados e enviados”.  Trátase de que descubramos no noso bautismo a raíz de toda misión evanxelizadora; que aceptemos ser canles polos que a fe, don de Deus, poida chegar gratuitamente aos nosos irmáns. Trátase, en definitiva, de que saiamos de nos mesmos e nos abramos aos demais; de que as nosas relación cos outros xeren vida polo amor, polo diálogo, pola comprensión e misericordia, pola axuda desinteresada, sendo en todo clara expresión do amor de Deus Pai. A Igrexa de Cristo segue en misión no mundo e precisa de mulleres e homes que, polo seu compromiso bautismal, respondan con xenerosidade a chamada de saír da casa, da súa familia, da súa patria, da súa lingua e ir ao encontro dos que nos esperan, porque precisan da nosa axuda en respecto e dignidade, en sanidade e hixiene, en educación e cultura e tamén en catequese para poder valorar a fe e coñecer mellor a Xesucristo.

Misioneiros Ourensáns

E, dentro da liberdade persoal de cada un, estes homes e mulleres serán quen de anunciar a Palabra de Deus, de ser testemuñas do Evanxeo e de celebrar a presenza do Espírito, que chama a conversión para alcanzar a salvación polo bautismo. E, para conseguir todo isto, precísanse as axudas económicas das comunidades cristiás e tamén respaldo aos que marcharon a terras de misión; pero, sobre todo, a oración, que é a alma de toda misión.]]>

Los comentarios están cerrados.