IMG_20191228_190016

Solemnidad da Sagrada Familia

Festa da Sagrada Familia

Moi posiblemente, cando algúns lean isto, pensarán que estamos trasnoitados e fora do contexto progresista que se respira hoxe. Porque afirmar con san Paulo que temos que “revestirnos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia” e que temos que “aturarnos uns ós outros e perdoarnos coma o Señor nos perdoou” é cousa do pasado. Afirmar co papa Francisco que a familia é a escola e o camiño do amor e, por iso, da santidade;  dicir que a familia é  unha chamada a amar de xeito pleno, tal coma Cristo amou a súa Igrexa, sen facer referencia a liberdade e aos dereitos dos membros da parella non soa ben nunha sociedade hipersensibilizada coa autoestima e a propia autonomía. Pero, gracias a Deus, temos moitos exemplos de amor e de xenerosidade nas nosas mesmas familias. Hoxe a Igrexa recórdanos isto na festa da Sagrada Familia, A nosas nais tiñan moitas imperfeccións, pero tiñan moita máis xenerosidade de entrega ao Señor e aos seus familiares. Os «pais e as nais, que crían aos fillos con amor e que traballan para levar o pan ás súas casas son sinais da santidade.  En moitas familias encontramos aos «santos das portas veciñas» cos que nos cruzamos na vida diaria. Pero o maior modelo a imitar témolo na sagrada familia, na «santa comunidade formada por Xesús, María e Xosé», que reflicten o amor e a beleza da comuñón trinitaria» A vida familiar, coa súa incrible riqueza e variedade, é o lugar onde temos que vivir a santidade á que somos chamados. Non podemos soñar con un camiño de santidade fora das esixencias e responsabilidades diarias da vida do fogar. O amor matrimonial e familiar vai mesturado coa complicada rede de obrigas, intereses e condicións que proveñen do mundo profesional, económico, educativo e cultural. E non esquezamos  que “o belén, nun ambiente de ceo estrelado no medio da escuridade e do silencio da noite, ilumina o noso mundo e da resposta as nosas inquedanzas”. ¡Feliz aninovo para todos!]]>

Los comentarios están cerrados.