Xoves Santo, Día do amor fraterno.
Xoves Santo
Semana Santa, semana da humanidade en espera, na espera da Vida, na espera de Cristo Resucitado.
“Tomade e comede, isto é o meu corpo…”
“Facede isto en memoria de min”
“Amádevos uns a os outros como eu vos teño amado”
“Non vos deixarei sos; eu estarei convosco ata a fin do mundo”
Neste día a consagración do pan e máis do viño polo noso Señor refrescan a nosa memoria e convídannos a acción de gracias que é a Eucaristía: “tomade e comede, isto é o meu corpo”, “tomade e bebede, este é o cáliz do meu sangue”. Vivimos tempos difíciles pola pandemia que nos afecta. Parécenos como si Deus, xa canso, abandonase o noso mundo. Pero é só aparencia, pois o Señor, é fiel sempre a palabra a prometida: “eu estarei convosco tódolos días ata a fin do mundo”.
Neste día recordamos a institución do sacerdocio coas palabras do Señor: “facede isto en memoria de min”. Os sacerdotes, o presbiterio diocesano, estamos chamados a facer as veces do Señor. Sabemos que a tarefa non é doada; facer as veces de Deus feito home non é posible. Sabemos a meta a que estamos chamados, pero somos conscientes das nosas debilidades, como todo o mundo coñece. A pesar de iso seguimos prestando o servicio da curación polos sacramentos da santa Nai Igrexa. Posiblemente na peste de hoxe faltan San Roques e San Martiños de Tours que compartan a vida cos máis infectados.
Neste día celebramos o día do amor fraterno. ¡Que fácil é hoxe comprender isto! As 20 horas aplaudímoslle a os nosos sanitarios, ás forzas armadas, as persoas que prestan os servicios máis necesarios no memento presente. As 12.00 horas soan as campás das igrexas para o rezo do Ánxelus en oración por tódolos implicados na loita contra o coronavirus, vivos e defuntos.. E no transfundo, o Señor: “amádevos uns a os outros, como eu vos teño amado”.
Fotos Celebración: