Domingo IX del tiempo ordinario. B.
San Antonio de Padua, nado en Lisboa
Día 13 de juniod de 2021
Penso que é bo engadir o dato da seu nacemento, pois axúdanos a evitar malos entendidos entre aqueles que matinan en que san Antonio é portugués e non italiano, anque sexa paduano. San Antonio é un dos santos máis venerados no mundo católico. Iso débese a unidade de acción apostólica da orde franciscana, á que aproveitamos para felicitala.
De san Antonio dinse moitas cousas; algúns afirman que é mentirán, por aquilo de que “san Antonio verdadeiro, 17 de xaneiro; san Antonio mentirán, 13 de san Xoán”. Mentirán, pois é nado en Lisboa, o seu nome de pía era Fernando e foi monxe agustiño antes que frade franciscano. Outros afirman que foi un grande orador: ata os peixes viñan a escoitalo nas ribeiras do mar e dos ríos. O certo é que falaba con tal convicción e con tal testemuña da súa vida que ata san Francisco e os responsables da orde franciscana pedían a súa palabra clarificadora en momentos de transcendencia. É coñecido como o doutor evanxélico. San Antonio, frade mendicante, nunca deixou de pedir a os máis ricos para remediar a os máis pobres. O pobo crente, cando fala de san Antonio, acórdanse do “pan dos pobres”. En moitas igrexas, os petos de san Antonio están a rebordar de esmolas en beneficio dos máis pobres e necesitados, e máis que nunca nestes días de pandemia. Na cidade de Ourense a imaxe de santo Antonio na praza do mesmo nome recibe abundantes esmolas que van a parar ao Asilo de Anciáns, sempre e cando non se quedan nas mans de algún aproveitado, capaz de desvalixar o seu peto. E de san Antonio tamén se di que é moi aproveitado, pois quere esmola por axudarnos a encontrar o perdido.
De todo isto temos que sacar algunha lección para ás nosas vidas: os sacerdotes e os ministros da Palabra temos a obriga de esforzarnos en transmitir nítida a mensaxe da Boa Nova con convicción e testemuño de vida. A acción caritativa e social nunca pode faltar nas celebracións cristiás, sobre todo na Eucaristía; en comuñón co Noso Señor Eucaristía, vivimos a unidade e a solidariedade con todos, de xeito especial cos que mailo precisan. E non podemos esquecer o compromiso de evanxelización co mundo no que vivimos; fai tempo que en Ourense tiña unha gran vitalidade o movemento xuvenil “Juventud Antoniana”. Algúns dos que me están lendo, recórdano con ledicia e tamén con certa saudade. O deporte, a catequese, o ocio e divertimento, formaban parte dos seu programa, xunto cas campañas solidarias. Os frades franciscanos evanxelizaban sempre co exemplo de algúns dos seus santos. Hoxe tamén temos que ofrecer modelos de vida.]]>