logo_nenos[1]

Apertura Sínodo Diocesano

Asemblea Sinodal na Santa Igrexa Catedral de Ourense

Sábado, día 21 de setembro, ás 11.00 horas.

“A Igrexa do século XXI non se pode entender a o marxe da sinodalidade. Estamos asistindo a un momento de singular importancia para a Diocese, polo que estou seguro de que participar na Asemblea Sinodal constituirá para os chamados a ilo non so un deber, se non tamén unha amable exixencia” (Monseñor Lemos Montanet, carta a os sinodais, agosto 2019). Hoxe sábado, 21 de setembro, ás 11:00 horas na Catedral de Ourense terá lugar a Celebración de apertura da Asemblea Sinodal. O acto litúrxico comezará cunha procesión, acompañada pola Real Banda de Gaitas da Deputación, que partirá da Igrexa de Santa Eufemia encabezada pola cruz procesional e as imaxes de Santa María Nai e San Martiño, patróns da Diocese de Ourense. A continuación situaranse os sinodais laicos e membros da Vida Consagrada, seguidos polo sacerdotes concelebrantes, tantos sinodais como outros que asistan ao oficio, e finalmente o Bispo, que presidirá a Eucaristía. Chegados á Catedral os sinodais e os demais sacerdotes ocuparán os lugares reservados para eles, e comezará a celebración solemne de apertura da Asemblea Sinodal. No transcurso da mesma, ao finalizar a homilía, os sinodais farán solemne profesión de fe ante o Bispo da Diocese; posteriormente, ou concluír o rito de comuñón, os sinodais manifestarán publicamente o seu compromiso de cumprir os deberes correspondentes á súa misión. Ao finalizar o Bispo proclamará a apertura da Asemblea Sinodal. Galería de Fotos da Procesión:      Galería de Fotos da Celebración:        ]]>

Los comentarios están cerrados.