DSC00702

Domingo de Pascua

Pascua de resurrección

“Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade das solemnidades, a nosa Pascua: a Resurrección do Noso Salvador Xesucristo segundo a carne” Esta é a nosa fe: cremos que Cristo resucitou de entre os mortos porque aceptamos a testemuña dos apóstolos, que viron o sepulcro vacuo e creron; que comeron y beberon con El, despois da súa resurrección; testemuña que se nos transmite pola Igrexa ao longo dos séculos. Todo isto sucedeu o primeiro día da semana e, a partir daquela, convértese no día do Señor Resucitado (no domingo); Cristo, a pedra que rexeitaron os arquitectos é agora é pedra angular da Igrexa. Nós, pola fe e mailo bautismo, resucitamos con Cristo, o verdadeiro Año que quitou o pecado do mundo, que morrendo destruíu a morte e resucitando restaurou a vida.  E por iso debemos buscar sempre os bens do ceo, onde está Cristo sentado a dereita de Deus Pai.  Felices Pascuas de resurrección para todos. ¡Aleluia!, Cristo resucitou. Aleluia! “Cristo vive e El é a máis fermosa beleza e mocidade para o mundo”. En Ourense, o domingo de Pascua pola mañá, celébrase coa procesión de Santa María Nai ata as naves da catedral, onde ten lugar o encontro con Cristo Resucitado. Logo a misa de Pascua, harmonizada pola coral do Liceo de Ourense. Máis logo, retorno procesional de Santa María ao seu templo, acompañada polo Excmo. Consistorio, polo Excmo. Cabido catedralicio e polo pobo de Ourense que, con ritmos de gaita e aires de festa acompaña a súa Santa Patroa no día da Pascua de Resurrección do Señor. Coma sempre, xa na Praza Maior, virán os agradecementos, os saúdos e as despedidas entre as autoridades  civís e relixiosas, contando sempre ca liberdade de expresión para que cada quen interprete como boamente lle pareza. Galería de Fotos: ]]>

Los comentarios están cerrados.