DOMINGO DE PASCUA DA RESURRECCIÓN DO SEÑOR
DÍA 5 – IV – 2026
Irmáns e irmás, Boa Pascua!
Cristo non permaneceu no sepulcro. Resucitou! E por iso, o mundo pode encherse de alegría. O Venres Santo, parecía que todo rematara. Xesús morreu na cruz e foi enterrado. Os seus inimigos pensaban que gañaran, que Deus non estaba con El. Pero hoxe todo cambia. O Evanxeo lévanos ao amencer do primeiro día. E isto non é casualidade: cando todo parecía escuro, Deus fai algo novo.
PROCESIÓN DE SANTA MARÍA NAI A CATEDRASL E DA CATEDRAL A SANTA MARÍA NAI




























