Bieito XVI, o Papa da tenrura de Deus.
R.I.P.
La misa exequial en la Catedral Basílica de san Martín será el día 7, sábado, a las once treinta de la mañana. La Iglesia en Ourense también llora la muerte del papa emérito Bendecto XVI.
Todas as campás de Roma e do mundo católico tocan a defunto. O 31 de decembro de 2022 morreu o Papa emérito Bieito XVI. Era o 11 de febreiro de 2013. Era un encontro cos cardeais, «un raio caeu no ceo de Roma e a dimisión do Papa foi en serio». Bieito XVI renuncia ao papado por humildade, o humilde traballador na viña do Señor, e por caridade, por amor á Igrexa. É o primeiro Papa que renuncia voluntariamente ao seu cargo á fronte da Igrexa dende que o fixera Celestino V no 1294. Un pontificado breve no tempo, pero denso en contido teolóxico, ecuménico, litúrxico e eclesial.
Co papa emérito, a sagrada Liturxia recupera a súa alma: dende a profundidade teolóxica, o Papa promove espazos de silencio, favorece a adoración do Santísimo Sacramento, ofrece o sacramento da penitencia coa confesión individual e co testemuño dos confesionarios no Retiro de Madrid; fomenta a reflexión e a oración persoal. Pon de manifesto a afirmación de que a sagrada Liturxia ten que favorecer a vida espiritual e que a vida espiritual ten que favorecer a vida litúrxica. No ecumenismo os pasos dados polo papa emérito serviron para aproximarnos un pouco máis cos demais crentes: estivo en Inglaterra, en Norte América, en Turquía, en Alemaña….
“Tiven unha gran responsabilidade na Igrexa Católica. Por iso é maior a miña dor polos abusos e erros que se produciron durante o tempo do meu mandato”. Son varios os problemas que afectan á Igrexa: A pederastia é un problema que a Igrexa debe afrontar con toda obxectividade e resolución. Preocúpalle o diñeiro da Igrexa e a súa administración. Quere actualizar e renovar o IOR (Instituto de Obras da Relixión ou banco Vaticano) coa máxima transparencia. Conciliar o tradicionalismo, con algunhas concesións, e ordenar os estamentos clericais para favorecer e dar un impulso á eclesialidade de tódolos bautizados.
Foi o papa tímido que sintonizaba cos nenos e cos mozos. Cando se encontra con eles, revélalles o amor e a tenrura de Deus (JMJ en Colonia, JMJ en Cuatro Vientos). As familias valencianas aclaman ao papa e apostan pola súa vocación paterno materno e vocacional. Afronta sen complexos o diálogo entre fe e cultura ante actitudes temerosas e incrédulas. Deus e cultura, sen exclusións. Ás veces con problemas de entendemento para o mundo islámico, como ocorreu no discurso pronunciado na Universidade de Ratisbona, citando a un gobernante Constantinopolitano.
Moi ercano ao pobo español: estivo coas familias en Valencia, cos mozos en Cuatro Vientos e foi peregrino en Compostela. Admirou a beleza e a harmonía do templo da Sagrada Familia de Barcelona e augurou un futuro para Gaudí nos santos romanos.
O papa emérito foi o mellor conselleiro do papa Francisco. Na lápida, segundo o seu testamento, unha soa grafía: Bieito XVI.