HIMNO A SAN ROQUE
Pues médico eres divino
con prodigiosas señales. Líbranos de peste y males Roque Santo peregrino.
Señorío y noble cuna te dio en Montpellier el Cielo y en Ti gravó tu desvelo claro anuncio su fortuna.
Con roja cruz te previno de nacer en los umbrales. Líbranos de peste y males Roque Santo peregrino.
Porque Dios probarte quiere y coronarte promete, una fiebre te acomete y una saeta te hiere.
Oh que fiel te halló y qué fino en males tan desiguales. Líbranos de peste y males Roque Santo peregrino.
Olvidado de las gentes solo en un monte viviste y un perro con pan te asiste con que la vida sustentes.
Vuelves por fin a tu tierra y nadie te conocía. tu tío te juzga espía y en una cárcel te encierra.
Pídele a Dios pues lo eres ser de la peste abogado y así Dios te lo ha otorgado y herido de peste mueres
Oh Roque patrón divino de pueblos universales. Líbranos de peste y males Roque Santo peregrino.
Un san Roque distinto
Na era cristiá estas foron as pestes de máis sona polo número de falecidos. No século segundo a peste antonina no imperio romano con 5 ou 10 millóns de falecidos. A peste negra no século catorce con entre 75 e 200 millóns de falecidos. A peste española no século 20 con entre 50 e 100 millóns de falecidos. A peste do coronavirus, ou covid 19, no século vinte un, con seiscentos mil mortos, polo de agora. Aclarar que esta última peste, en condicións parecidas as anteriores, superaría con moito o número de falecidos (sanidade, economía, forzas armadas, xeriátricos, servicios sociais de todo tipo…).
A peste negra contou con un voluntario de moita sona: Roque santo e peregrino. Na peste negra, no século XIV, traballou sen descanso polos infectados, polo enterro dos falecidos e pola esperanza das familias. El mesmo foi infectado e co seu confinamento foi exemplo para outros moitos contaxiados. Ía camiño de Roma en peregrinación (romeiros, palmeiros e peregrinos), pero quedouse alí onde facía falta o seu servicio. Parece ser que Deus lle concederá o don da curación e fixo moito ben entre os apestados. Volta a Francia, a Montpellieur, a súa terra de nacenza, nono recoñecen e méteno no cárcere por telo por un espía da nación italiana, dado que viña moi cambiado despois de tanto sufrimento. A partir de aquela san Roque foi nomeado patrón de moitas cidades e vilas, que buscaban na súa protección milagreira verse libres de pestes e andazos: Ourense, Celanova, Bande, Arnoia, o Barco… E teño que dicirlles que, dende a declaración da pandemia do covid 19 no me de marzo, na Catedral de Ourense hai sempre unha súplica diaria a san Roque para que nos libre de pestes e males. Moitos concellos festexan no día 16 de agosto e renovan a súas promesas de fidelidade ao santo protector. Na peste do coronavirus tamén houbo moitos voluntarios coma san Roque que fixeron das súas vidas unha entrega xenerosa en favor dos apestados. Foron e son moitos. Eles sos foron quen de evitar que houbera unha maior mortalidade. A Igrexa tamén fixo as veces de san Roque ao estar presente no servicio a todos e cantos precisaron dela, tanto pastoral como espiritual e caritativamente. Estamos no século XXI. Son outros tempos. A Igrexa soubo dar respostas adecuadas ao problema que se estaba vivindo.