Actividades Infantís

O templo ourensán conta cunhas audioguías moi especiais, deseñadas para os máis pequenos da casa. Sabemos que o achegamento á arte e ao patrimonio ás veces é complicado se non se utilizan as linguaxes adecuadas. Por iso creamos historias accesibles e entretidas, que permitan crear un vínculo emocional co patrimonio cultural e relixioso de Lugo. Búscase fomentar a observación, a curiosidade e o amor pola catedral de Lugo o seu rico patrimonio artístico e relixioso, convertendo a visita nunha experiencia participativa e non só nunha narración pasiva.

Que escoitarán nos seus audioguías os nenos e nenas que veñan ver a catedral de Ourense?

A través dun percorrido dinámico e cheo de sorpresas, os máis pequenos da familia poderán coñecer os segredos deste impresionante templo da man de dúas guías moi especiais: Mariña, unha nena curiosa e entusiasta; e San Martiño, o sabio e máxico protector da catedral. Nesta audioguía, os nenos non só escoitarán a historia da catedral, senón que serán protagonistas da visita. Porque deberán ter presentes en todo momento un obxectivo final! San Martiño convidaraos a «atrapar cos mirada» detalles importantes do templo, para así capturar a alma da catedral e gardala sempre nos seus corazóns.

Aprendendo na catedral. Retos e aventuras múltiples!

Ao longo do percorrido, os nenos poderán descubrir a catedral de forma activa, tendo presente en todo momento o lugar tan importante no que están. Son varios os que se utilizan ao longo da visita para fomentar a curiosidade e a implicación dos nenos no percorrido. San Martiño proponlles pequenos retos, desde buscar animais fantásticos nos capiteis de pedra, ata adiviñas e contos. Así, descubrirán, por exemplo, que o coro está composto de fermosas cadeiras de madeira vixiadas por Sibilas e anxos xigantes; que os retablos son como cómics construídos con pinturas e esculturas; ou que as esculturas do Pórtico do Paraíso poden sorrir desde as alturas. Desta maneira, preténdese que entendan mesmo conceptos máis complexos, como a función do altar e a Eucaristía; ou a simboloxía de Dios a través da luz.

Estas audioguías están dispoñibles en galego, español e inglés. Se locutan en estudos de gravación especializados, con locutores profesionais. Desta maneira, os diálogos resultan máis reais, próximos, teatralizados e dinámicos, convertendo cada visita nunha auténtica aventura para os oídos e a imaxinación.

Visitas Escolares

1. Visita coa nosa audioguía

Acompañados polos nosos personaxes San
Martiño e Mariña. Recomendado a neneos de 4
a 10 anos.

  • 3 idiomas: Galego, Español e Inglés.
  • Duración aproximada: 50 minutos.
  • Precio: 2€

2. Visita guiada con Artisplendore

Os nosos guías oficiais da na Catedral ofrecerán
unha visita centrada en temas artísticos, históricos
e relixiosos.* **

Recomendada a alumnos da E.S.O e Bachillerato.
* Adaptados á idade e coñecementos académicos dos alumnos.
**Acompañándovos polos espazos máis especiais: Capela do Santo Cristo, Pórtico do Paraíso, Tesouro, Altar Maior, Capela de San Xoán…

  • Precio: 5€
Cesta de compras