DSC01042

Novena ao Santo Cristo de Ourense

Novena ao Santo Cristo de Ourense

Novena ao Santo Cristo de Ourense. Coma sempre, do 25 de abril ao 3 de maio. Predica a novena o M. I. Sr. D. José Ángel Feijoo Mirón, secretario do Cabido catedralicio e reitor do Seminario do Divino Mestre. Un ano máis tódolos devotos do Santo Cristo somos convidados a participar nesta solemne novena. O Santo Cristo agárdanos paciente e misericordioso na súa capela da catedral de Ourense.

Non pensemos en idades, en razas, en estratos sociais, en ideoloxías, en maneiras de pensar, en crenzas ou non crenzas. Para todos hai un recuncho no Santo Cristo: para pensar, para reflexionar, para rezar, para contemplar, para soñar, para repensar a propia vida… A Deus gracias, a capela do Santo Cristo acolle a todos e ninguén dos que se achegan van a ser defraudados. Igual pensades que intento liarvos; non é certo, vinde, vede e vivide a experiencia. O Santo Cristo de Ourense coñécenos a todos e para todos ten unha mensaxe de amor e tenrura.

Ca novena do Cristo abrimos as portas a tódalas grandes novenas de Ourense cidade: Virxe de Fátima, María Auxiliadora, Corazón Eucarístico, San Barnaba, San Antonio… Haberá misas dende as 8 da mañá ata as 12,con confesores dispoñibles. Pola tarde Santo Rosario as 18.00 e as 18.30 misa solemne da novena para terminar as 20.00 ca última misa. Ao longo de estes días podemos renovar a pertenza a cofradía do Cristo, que é unha das máis numerosas da diocese, chegando a ter 1300 cofrades. Tódolos meses, ao longo do ano, celébranse misas polos defuntos e pídese polas intencións de todos los devotos do Santo Cristo.

]]>

Los comentarios están cerrados.