Festividade de San Rosendo
Día 1 de marzo do 2025
Galego de orixe, naceu no ano 907, foi elixido bispo de Mondoñedo, diocese que presidiu duante varios anos, ata que, desexoso de soidade monástica, retirouse a Celanova, onde fixo levantar un mosteiro. Graves asuntos da época apartárono do seu retiro para ocupar o cargo de vicerrey de Galicia e rexer a diocese de Iria Flavia. LIbre de estas obrigas, volveu a Celanova, onde morreu o día 1 de marzo do ano 977. Declarouno santoo papa Celestino III. No ano 1867 foi declarado Patrono da diocese de Mondoñedo (Misal Romano, lingua galega).
San Rosendo, na celebración do mil setecentos anos do seu nacemento, obtivo unha singular resonancia nos bispados de Mondoñedo e Ourense. Creouse a Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo cos seus actuais académicos.