A Porta da Misericordia
Hoxe, día 13 de decembro, 3º domingo de advento, ás 17.00 horas, terá lugar na S. I. Catedral a apertura do ano xubilar da Misericordia ca apertura simbólica da porta santa.
|
Sale la procesión de Santa Eufemia |
|
El Sr. Obispo acompañado de diáconos y acólitos |
O papa Francisco, que xa abriu ano xubilar en Roma o pasado día 8, quere que en todas as Catedrais do mundo se celebre con solemnidade a apertura do ano xubilar ca súa porta santa correspondente.
|
Procesión de sacerdotes y fieles |
En Ourense, ás 16.30, concentrarémonos na igrexa de Santa Eufemia para ter alí os primeiros ritos da apertura; logo en solemne procesión camiñaremos ata a Catedral pola praza de Santa Eufemia e rúa Juan de Austria.
|
Procesión de sacerdotes y fieles |
Alí, subiremos polas escaleiras do patiño da Juan de Austria, miradoiro espléndido da cidade vella, teremos o rito de apertura da porta.
|
Autoridades locales |
O Sr. Bispo, D. Leonardo Lemos Montanet, abrirá a porta da Misericordia, convidándonos a entrar por ela para experimentar o amor misericordioso de Deus noso Pai e para vivilo e testemuñalo en favor dos nosos irmáns.
|
Se abre la puerta santa |
Xa dentro da Catedral seguirá a celebración da Eucaristía ca presenza da coral Solpor de Celanova ás ordes do seu director e coordinados polo mestre capela da Catedral.
|
Coral Solpor de Celanova |
Trátase de un ano santo extraordinario e único na historia da Igrexa por ser temático, ano xubilar da Misericodia, e porque, na súa apertura, entran pola porta santa dous papa: Francisco e Benedicto XVI.
|
Procesión dentro de la Catedral |
O motivo da celebración de este ano xubilar explícanolo o papa Francisco na bula de convocatoria, “Misericordiae vultus”. “Sempre temos necesidade de contemplar o misterio da misericordia… (Pero) hai momentos nos que dun modo moito máis intenso estamos chamados a ter a mirada fixa na misericordia de Deus Pai para tamén poder ser nós misericordiosos”.
|
Sacerdotes concelebrantes |
|
Sacerdotes concelebrantes |
|
Sacerdotes concelebrantes |
|
Momento de la comunión |
]]>