IMG_20210921_165835

San Francisco

SAN FRANCISCO DE ASÍS

Día 4 de octubre

Laudato sii, o mi Signore…

Y por todas tus criaturas, por el sol y por la luna, las estrellas y los vientos, por el agua y por el fuego.

Por la hermana madre tierra, que alimenta y nos sostiene, por los frutos, flores, hierba, por los montes y los mares.

Porque el fin de nuestra vida, es cantarte y alabarte, y porque nuestra existencia, sea siempre un canto alegre.

 “Laudato si… Coidar a casa común”

Mañá, día 4 de outubro, celebramos a festa de san Francisco de Asís. «Loado sexas ti, meu Señor», cantou San Francisco de Asís. Nesa fermosa canción lembrounos que o noso fogar común, a terra tamén é como unha irmá coa que compartimos a nosa existencia e tamén é coma unha nai que nos acolle con tenrura: «Loado sexas ti, meu Señor, a través da nosa irmá, da nosa nai a terra, que nos sostén” cos froitos que nos da. Esta nosa irmá sofre e chora polos danos que lle causamos no uso e abuso irresponsables dos bens que Deus colocou nela. Crecemos pensando que somos os seus amos e gobernantes, autorizados a espoliar todo canto existe.

Pero o certo é que a violencia que existe no corazón, ferido polo pecado, é a causante da enfermidade que aparece no chan, na auga, no aire e en tódolos seres nos seres viventes. Esta nosa terra, oprimida e devastada, «xeme e sofre as dores do parto» (Rm 8,22), segundo palabras do Apóstolo Paulo.

Hai máis de cincuenta anos, cando o mundo se bambeaba ao borde dunha crise nuclear, Xoán XXIII escribiu unha encíclica na que nos propuña o don da paz para todos e tamén para o noso mundo (Pacem in terris, 1971). Paulo VI dicíanos que debido a unha explotación inconsiderada da natureza, o ser humano corría o risco de destruíla e de ser, á súa vez, vítima desta degradación. Xoán Paulo II chamábanos a atención por «non percibir outros significados do medio natural, senón só aqueles que serven ao propósito de uso e consumo inmediato«. Bieito XVI pedíanos “eliminar as causas estruturais das disfuncións da economía mundial e corrixir os patróns de crecemento que parecen incapaces de garantir o respecto ao medio ambiente«.

Esta, podemos dicir, é a doutrina  da Igrexa que reclama de todos nós respecto, amor solidariedade con todo canto existe. Estas achegas dos papas recollen a reflexión de innumerables científicos, filósofos, teólogos e organizacións sociais. Comprácenos saber que, tamén fóra da igrexa católica, outras igrexas e comunidades cristiás – así como outras relixións – están a vivir idéntica preocupación. O papa Francisco exhórtanos a aceptar «o desafío urxente de protexer o noso fogar común na procura dun desenvolvemento sostible e integral”. Sabemos que as cousas poden cambiar. Depende todo das nosas autoridades e de todos nós: coidar da casa común.

 

]]>

Los comentarios están cerrados.