DSC00240

Sínodo dos Bispos 2023.

Sínodo dos Bispos 2023

“Por unha Igrexa Sinodal: comuñón, compartir, misión”

O domingo, día 10 de outubro, o papa Francisco acaba de celebrar a apertura do gran sínodo dos Bispos. Será unha viaxe sinodal de tres anos de duración, coa  novidade da consulta ás igrexas locais e «a tódolos bautizados». Constará de tres fases ben diferenciadas: a fase diocesana, a fase continental e, finalmente, a fase universal. Deste xeito, este camiño culminará coa Asemblea Xeral Ordinaria do sínodo dos Bispos no 2023 en Roma. Nas Igrexas diocesanas celébrase a súa apertura neste domingo, día 17 de outubro, en Ourense, ás 17.00 horas, na S. I. Catedral.

Xa fai tempo que se lle ven dando voltas a esta temática  eclesial da sinodalidade. Pero non ten habido resultados satisfactorios de clarificación e, sobre todo, da súa aplicación a vida real da Igrexa universal e das Igrexas particulares. O papa Francisco, consciente da importancia da sinodalidade e da dificultade que entraña a súa comprensión, colle o touro polos cornos e somete a temática a unha reflexión eclesial universal.

Segundo o papa Francisco a sinodalidade implica a comuñón de tódolos bautizados, compromete a participación corresponsable na marcha da Igrexa e, inevitablemente, empuxa a misión, tanto ad extra como ad intra na Igrexa. Estes tres eixos son fundamentais e precisan ser ben entendidos, esquecéndonos do que se viña facendo ata agora. Ben é certo que a Igrexa é unha gran asemblea, unha gran familia, pero non entendida como comunidade rexida polo sistema democrático, cousa que nos levaría por outros vieiros non sinodais. «Correríamos o risco de transformar a Asemblea nun parlamento, introducindo na Igrexa a lóxica da maioría ou da minoría»

O camiño que o papa Francisco nos describe percorre polo encontro cos demais, pola escoita e polo discernimento. Sendo comuñón temos a obriga de encontrarnos uns cos outros. Vernos os irmáns, abrírllelo corazón, fundirnos nun abrazo. Encontrarnos leva consigo escoitarnos uns aos outros, reflexionar sobre o que nos din e o que lles dicimos; o Espírito de Deus guíanos na comunicación  e na estima persoal. E todo isto coa capacidade de discernir o que é bo, para asimilalo, e o que é malo, para rexeitalo de común acordo. Unha Igrexa que camiña con tódolos seus membros collidos da man.

Galería de Fotos:

 

 

 

 

]]>

Los comentarios están cerrados.