domund

Semana del DOMUND

DOMUND 2021

O día 24 de outubro celebramos o día do DOMUND. Con frecuencia damos por suposto que todo o mundo entende os nosos enunciados e non nos paramos a explicalos polo miúdo. Hoxe vouno facer empezando polo principio: o DOMUND ou o domingo mundial das Misións é o día no que toda a Igrexa universal reza pola actividade evanxelizadora dos misioneiros e misioneiras e colabora economicamente con eles no seu labor, especialmente entre os máis pobres e necesitados. Por iso este é  o por que do DOMUND: o 37% da Igrexa católica constitúeno  os territorios de misión, un total de 1.100 circunscricións eclesiásticas que dependen da axuda persoal de misioneiros e misioneiras e da colaboración económica de outras Igrexas para poder realizar o súa tarefa evanxelizadora.

O DOMUND sirve para subvencionar e soster aos misioneiros e aos seus colaboradores cos donativos recollidos nestes días. Tamén se atenden outras necesidades especiais: construción de templos e capelas, formación cristiá, compra de vehículos…, ademais de desenrolar proxectos sociais, educativos e sanitarios.

Outra cousa que nos preocupa moito é a maneira de como se distribúe o diñeiro que se xunta no DOMUND. A Asemblea Plenaria dos Directores Nacionais das Obras Misionais Pontificias, que se celebra cada ano en Roma, distribúe equitativamente entre as solicitudes presentadas polos misioneiros a totalidade das aportacións chegadas de todo o mundo. Por iso se pide colaboración no DOMUND sen facer referencia a proxectos concretos.

Nestes días os fieis colaboran co seu donativo, ou ben facéndose socio con unha cota fixa ou testando en favor do DOMUND segundo cada quen. Podemos dicir que o diñeiro chega todo aos misioneiros. O donativo que cada fiel entrega para as misións recóllese na Dirección Nacional de OMP e remítese aos territorios de misión, salvo un mínimo porcentaxe para os gastos de administración.

Outra pregunta que nos facemos é si os misioneiros, ante catástrofes naturais ou bélicas, canalizan a axuda de organizacións sociais e dedícanas a atender aos damnificados. O DOMUND colabora cos misioneiros para que poidan permanecer na misión tras esas situacións de especial emerxencia humanitaria, axudando co pouco ou moito que teñen..

Normalmente a actividade de cooperación espiritual e material coas misións é permanente ao longo de todo o ano; pero alcanza especial significación durante o chamado “Outubro Misioneiro”. Non esquezamos que o DOMUND celébrase sempre no penúltimo domingo do mes de outubro.

Ourense está directamente implicado na tarefa misioneira da Igrexa: temos, ao día de hoxe, 92 misioneiros en activo (30 homes e 62 mulleres), repartidos por 29 nacións e estamos presentes en 4 continentes. A colecta misioneira ascende a 181.369´6 euros, destinados ao DOIMUND 164.841´77 EUROS, a Infancia Misioneira, 317´43 euros e ao Clero Nativo, 7.210´41 euros.  Pero non esquezamos que a oración polas misións é esencial.]]>

Los comentarios están cerrados.