Solemnes Vísperas de san Martiño de Tours

 SOLEMNES VÍSPERAS DE SAN MARTIÑO DE TOURS

Ourense, 10 – XI – 2022

Rejas de Juan Bautista de Celma restauradas

Un ano máis achegámonos a Catedral Basílica de Ourense para celebrar a festa do noso patrón san Martiño. As obras, pouco a pouco, vannos acendendo a luz para contemplar a beleza do templo catedralicio. Ar reixas de Xoán Bautista de Celma, restauradas de recén, ábrennos os ollos para comprender o acerto dos nosos devanceiros cando deixaron despexada a nave central, aberta ao presbiterio e ao monumental retablo maior de Cornelio de Holanda da seo de Ourense. A fachada oeste, na que se abren as portas principais de templo e na que se vai colocar unha vidreira en consonancia co parteluz da Catedral, empeza a descubrir os seus repregues cheos de arte e finura románica.

   ]]>

Los comentarios están cerrados.