San Martiño de Tours
Día 11 de novembro de 2022
A Terra Galega foi evanxelizada por san Martiño de Dumio, que, por medio dos concilios de Braga e ca intercesión de san Martiño de Tours foi quen de achegarnos a relixión cristiá ás xentes romanizadas cultural e relixiosamente polos exércitos da Roma Imperial.
O rei Carriarico e maila curación milagrosa do seu fillo pola intercesión do Santo francés fixeron posible o cristianismo nas terras ourensáns. Tanto é así que a diocese de Ourense, con doce arciprestados, ten santuarios dedicados a san Martiño de Tours e moitas das súas parroquias teñen ao Santo da Pannonia Húngara coma o seu patrón.Dende o norte ao sur, dende o leste ao oeste, Ourense vai sinalado polo icono da misericordia e da xenerosidade do seu patrón Martiño de Tours. O feito de compartir a súa capa con pobre mendigo nas portas de Aquisgrán, define a grandeza e o carácter do garda da corte imperial. Dende o Carballiño (Beariz, Cameixa, Lago, Lamas e Sagra) e Ribadavia (Balde, Valongo e Zaparín), ata a Baixa Limia (Arauxo e Grou) e a Limia (Abavides, Aguís, Borrán, Candás, Castelaus, Porqueira e Rebordondo); dende Celanova (Berredo e Loiro), Allariz (Pazó) e os Milagres (Nogueira de Betán, Pedrafita, Presqueira e Sacardebois), ata Verín (A Mezquita e Mourazos) e os arciprestazgos de Ourense, Norte (Cornoces, Gueral e Villarrubín), Leste (Moreiras, Nogueira de Ramuín e Sabadelle) e Oeste (Alonos). Tódolos arciprestados, agás o de Ourense Sur, festexan a san Martiño de Tours como titular de algunha das súas parroquias.
A liña pastoral marcada por Martín de Tours, xa fai 18 séculos, adiántase a tódolos métodos de pastoral implantados na Igrexa ata os nosos días. Hoxe estamos recreando as Unidades de Pastoral nas dioceses de España e tamén na de Ourense: sacerdotes con un grupo de catequistas e laicos comprometidos para levar adiante a misión evanxelizadora nunha parcela da Igrexa diocesana. Nin máis nin menos do que facía san Martiño. Nos mosteiros creados por el mesmo agrupábanse os monxes, que logo, despois de compartir vida, espiritualidade e formación humana e intelectual, marchaban as parroquias que o mesmo san Martiño deseñará: divisións territoriais con características similares e, por ilo, con métodos pastorais parecidos. Neste ano, estreando as reixas de Bautista de Celma restauradas de recén, participaremos na Eucaristía, presidida polo Sr. Bispo na Catedral e por primeira vez en rito mozárabe.
Galería de Fotos:
Galería de Fotos:
]]>