20181228_210243_resized

Concerto de Nadal

Concerto da Coral de Ruada 

na S. I. Catedral de San Martiño
 
Día 28 de decembro, 
festividade dos Santos Inocentes Mártires
 
A CORAL ten, como vostedes ben saben, un vencello especial coa nosa cultura, coa nosa lingua e coa nosa xente, como o testemuñan diversos e importantes recoñecementos colectados ao longo destes case cen anos de existencia (Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Medallas de Ouro da Cidade e da Provincia de Ourense, Premio Trasalba, por poner soamente cinco exemplos). É por iso que lles ofreceremos nestes concertos de Nadal e Reís, ademais dunha fermosa selección de cantos de Nadal e Reís da polifonía universal (Gruber, Hándel, Olaizola), vilancicos e panxoliñas populares e de autores -poetas e músicos- que tiveron, e mesmo teñen aínda algúns deles, estreitos vínculos con Ourense e, dun xeito especial, con DE RUADA: Antonio Jaunsarás Sanmiguel, José Fernández Vide, Manuel Feijóo Sousa, Juan José Rumbao Requejo, Camilo Andrade Rodicio, Xosé Ramón Estévez Gómez, Serafín Marqués Gil, … e, por suposto, o noso actual director Xoán Antón Vázquez Casas.
Cando estamos a comezar as celebracíóns do noso Centenario, queremos facerlles chegar a todos vostedes o noso máis sincero agradecemento pola súa fidelidade e pola agarimosa acollida que nos dispensan sempre.
]]>