IMG_7140

Fiesta de Reyes. Solemnidad de la Epifanía

Solemnidade da Epifanía do Señor

Día 6 de xaneiro de 2010

Comenario en galego de un monxe de Samos no ano 1932

<<Epifanía— chamada pol-os gregos Teofanía— é unha festa destiñada a celebrar a aparición ou manifestación do Señor aos homes. Como se pode ollar ista eispresión convenlle do mesmo xeito á Navidade, pois n-ista festa conmemórase a primeíra aparición do Salvador sobor da terra. Ista é a razón por que n-un principio se ce­lebraban n-un mesmo día istas duas festividás de Na­vidade i-Epifanía. Constituen o misterio da Epifanía, asegún canta a antífona do Magníficat de segundas Vísperas, tres manifestacións de Xesús, primei­ro aos Magos, dempois no Jordán e nas bodas de Caná; tres feítos que se cree tiveron realización n-un mesmo ano. Mais, como se deduce de toda a liturxia da festa, o que abrangue todo o pensamento da Eirexa n-iste día é o misterio da adoración dos Reís Magos, as primicias da xentilidade que viñeron a adourar ao Salvador do mundo. Estos tres sabios, ao ver aparescer no Oriente unha estrela de eistraordinario claror e fermosura, alumeados por unha luz interior, viron n-ela o anuncio da chegada do Mesías esperado, e «se dixeron os uns aos outros: Esta  é a señal  do grande Rey; vaiamos pois, busquémol-o e ofrezámoslle ouro, incenso e mirra» (Ant. ad Magn. 1 Vesp.). E n-aquel intre se puxeron ao camiño. E dempois de un longo e penoso viaxe, ca estrela que lles tiña aparecido por guieiro, chegaron por remate a Belén ende, asegún a profecía de Miqueas, tiña de nascer o Mesías: «i-entrando na corte atoparon ao Neno con María sua nai, e postrán­dose o adouraron; e abertos os seus tesouros lle ofreceron dons, ouro, incenso e mirra» (Math. 2, 1l). Os Santos PP. e toda a Tradición lembrada pol-a Liturxia, olla-ron n’ista triple ofrenda un homeaxe ao Diviño Neno coma Deus, como Rei e como home. «Que o reconocen por Deus, di San Bernar­do, o indica a adouración, o manifesta a ofrenda do incenso. Mais non somentes o reconocen por Deus senon tamén por Rei, o cal se siñala no ouro. E antre istas cousas non se lles oculta o grande misterio da piedade diviña, pól-o que na mirra que lle ofrecen arrostran que ten de morrer.» (Serm. II Epiph)>> D. Máximo Arias. O.S.B. Real Abadía de Samos. 1932. A Epifanía do Señor, en Revista Logos, 1931 – 1936, tomo I., 178 – 179.

Galería de Fotos:

 ]]>

Los comentarios están cerrados.