Torre de San Martín

FIESTA DE SAN MARTÍN DE TOURS

FIESTA DE SAN MARTÍN DE TOURS

CLAUSURA DEL 1700 ANIVERSARIO DE SU NACIMIENTO

11 – XI – 2017

San Martiño naceu no século IV, ao redor do 317. Como Vostedes saben, é o patrón da diocese de Ourense e tamén o patrón da S. I. Catedral. Alá polo século VI, San Martiño de Dumio, oriúndo da Hungría como o noso Santo de Tours, tivo a corazoada de pedirlle ao rei visigodo, Carriarico, que mandase emisarios a Tours de Francia para traer a Ourense unha reliquia do Santo e, así, curar ao seu fillo enfermo. O rei fíxolle unha ofrenda moi valiosa ao Santo de Tours, pero non obtivo ren. Logo caeu na conta de que o que o Santo quería era a súa conversión e maila conversión de tódolos seus súbditos a verdadeira relixión. Así o fixeron o rei e con el todo o pobo. Como consecuencia o fillo do rei Carriarico recuperou a saúde. Dende aquela Ourense celebra tódolos anos a San Martiño de Tours o día once de novembro. Ademais da procesión e misa solemne na catedral, ademais das festas en cada unha das moitas parroquias que en Galicia ten por patrón a San Martiño, outros moitos pobos e institucións diversas únense ao festexo pois son moitos os que están baixo o seu padroado. No ano pasado, con presencia de cardeais, de arcebispos, bispos, sacerdotes e moitísimos fieis, tivemos unha moi solemne eucaristía celebrando o 1700 aniversario do nacemento de San Martiño de Tours, que neste domingo estamos a pechar. Tamén estivemos de peregrinación en Tours de Francia confraternizando con aquela comunidade cristiá. A Coral de Ruada ambientou a festa como so ela sabe facer. E deixamos unha inscrición pegada na cripta, testemuña do noso paso por Tours. Agora só nos agarda peregrinar a Hungría para coñecer o pobo e maila casa onde naceu Martiño que, segundo tradición, consérvase; e nos xa estamos en contacto con Sr. Bispo de aquela diocese.

]]>

Los comentarios están cerrados.