Domingo de Ramos
13 – IV – 2025
No domingo de Ramos recordamos a entrada triunfal do Señor en Xerusalén. Neste día nós, coma os xerosolimitanos, polas rúas da cidade, dende o parque de San Lázaro ata a Catedral Basílica de san Martiño. aclamamos a Cristo, “bendito o que ven no nome do Señor: hosanna no ceo”. Ramallos de loureiro, de oliveira e palmas, … levan o ritmo das aclamacións ao Señor que camiña connosco. E no relato da paixón segundo Lucas, o Señor recordaranos cal éo sentido da súa more na cruz: “eu estou a mesa como aquel que serve”.
