D. Francisco José Prieto Fernández,
nuevo obispo auxiliar de Compostela
A diocese de Ourense, o Sr. Bispo D. Leonardo, o Cabido da S. I. Catedral, os compañeiros sacerdotes, os seminaristas, o persoal da curia diocesana, rebordan de gozo polo anuncio de tan boa nova para todos nós: un amigo, un compañeiro, un profesor, é elixido polo papa Francisco para Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela. Con 52 anos é unha promesa feita realidade.
Natural de Castro Caldelas e con residencia na parroquia do Sagrado Corazón de Ourense. Estudou bacharelato no colexio Padre Feijoo e ingresou no Seminario Maior. Acompañoume na miña etapa de delegado de Vocacións polas parroquias e polos colexios. Na Universidade Laboral de Ourense tenlle un grato recordo a D. Francisco José. A min chámame o iniciador na súa fermosa oratoria, pois, sendo seminarista, tiñan que falar diante dos alumnos e profesores de cada colexio. El xa o facía moi ben de seu. Pero agora da gusto escoitalo.
Home de gran experiencia pastoral rural: iniciouse como vicario parroquial de santa Teresiña do Vinteun e, máis logo, foi administrador das parroquias da Mezquita: Pereiro, Chaguazoso, Manzalvos, Cádavos e Castromil, nos límites da diocese de Ourense con Zamora. Sendo eu Viario de Pastoral, cando tiña que ir a botarlle unh man aos sacerdotes, el acollíame na súa casa alugada na Mezquita, pequeniña, pero chea de libros, de conversas e de agarimo. Foi administrador das parroquias de Piñor de Cea: Carballeda, Corna, Coiras e Torrezuela. Teño que dicir que eu fun encargado de estas parroquias por defunción de D. Antonio, moi apreciado e querido por estas xentes. En Coiras, as máis e catequistas, fixéronme unha homenaxe pola atención aos nenos da catequese. ¡Tempiños aqueles! O meu sucesor naquelas parroquias foi D. Francisco José.
