• 30 enero, 2021

Nuevo obispo auxiliar de Compostela

Nuevo obispo auxiliar de Compostela

D. Francisco José Prieto Fernández, 

nuevo obispo auxiliar de Compostela

A diocese de Ourense, o Sr. Bispo D. Leonardo, o Cabido da S. I. Catedral, os compañeiros sacerdotes, os seminaristas, o persoal da curia diocesana, rebordan de gozo polo anuncio de tan boa nova para todos nós: un amigo, un compañeiro, un profesor, é elixido polo papa Francisco para Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela. Con 52 anos é unha promesa feita realidade.

Natural de Castro Caldelas e con residencia na parroquia do Sagrado Corazón de Ourense. Estudou bacharelato no colexio Padre Feijoo e ingresou no Seminario Maior. Acompañoume na miña etapa de delegado de Vocacións polas parroquias e polos colexios. Na Universidade Laboral de Ourense tenlle un grato recordo a D. Francisco José. A min chámame o iniciador na súa fermosa oratoria, pois, sendo seminarista, tiñan que falar diante dos alumnos e profesores de cada colexio. El xa o facía moi ben de seu. Pero agora da gusto escoitalo.

Home de gran experiencia pastoral rural: iniciouse como vicario parroquial de santa Teresiña do Vinteun e, máis logo,  foi administrador das parroquias da Mezquita: Pereiro, Chaguazoso, Manzalvos, Cádavos e Castromil, nos límites da diocese de Ourense con Zamora. Sendo eu Viario de Pastoral, cando tiña que ir a botarlle unh man aos sacerdotes, el acollíame na súa casa alugada na Mezquita, pequeniña, pero chea de libros, de conversas e de agarimo. Foi administrador das parroquias de Piñor de Cea: Carballeda, Corna, Coiras e Torrezuela. Teño que dicir que eu fun encargado de estas parroquias por defunción de D. Antonio, moi apreciado e querido por estas xentes. En Coiras, as máis e catequistas,  fixéronme unha homenaxe pola atención aos nenos da catequese. ¡Tempiños aqueles! O meu sucesor naquelas parroquias foi D. Francisco José.

Conocer a fondo la Catedral de Santiago de Compostela

Máis logo, vendo a valía de D. Francisco, fórono arrimando a cidade, como administrador parroquial de Vilar das Tres. Pero O Sr. Bispo electo é home coñecedor da pastoral da cidade: forma equipo con párroco D. Luís Rodríguez Álvarez. Son dous corpos nunha soa anima. ¡Como lle queren os feligreses de san Pío a estes dous curas! Dende o 2009 ata o 2021 comparten traballo, actividades e sóbralles tempo para acudir na axuda da pastoral diocesana nos distintos arciprestados e zonas da diocese de Ourense. D. Luís alégrase por ter un compañeiro Bispo en Compostela, pero chora no seu interior pola orfandade que presinte. ¡Pero todo ha ter arranxo, si Deus quer! E, dende a chegada do Sr. Bispo D. Leonardo, D. José Francisco colle o temón da vicaria para a Nova Evanxelización, cas delegacións de Familia, de Asuntos Académicos, de Misións, de Mocidade, de Infancia e Catequese. Ten unha gran vantaxe: espírito de equipo, aberto a problemática actual da Igrexa, comparte inquedanzas e traballo.

Sacerdote de ciencia, gran comunicador e con sentido común. Licenciado en teoloxía na especialidade patrística (pola universidade pontificia Gregoriana de Roma) e Dr. en Teoloxía Bíblica (pola universidade pontificia de Salamanca). Director do Centro Teolóxico de san Martín en Ourense, profesor no Instituto Teolóxico do Divino Mestre e profesor do ITC de Santiago de Compostela. Membro da Comisión Teolóxica da Conferencia Episcopal Española. Participa con frecuencia en congresos, conferencias e mesas redondas. Unha cabeza moi ben amoblada.

Santa Teresa de Xesús dicía que entre un santo e un sabio, prefería ao sabio; e si o sabio era ademais santo, mellor que mellor. É o caso de D. Francisco. Para bens D. Francisco José.

    Nombre (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    Asunto

    Mensaje

    Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.