2 – VII – 2024
San Martiño Domese foi o evanxelizador da Galiza. Pero, para iso, valeuse do seu paisano San Martiño de Tours. Traendo a súa memoria a Ourense e as súas reliquias confioulle a protección da nosa terra e da nosa evanxelización.
E para non ir máis lonxe, a ermida da Nosa Señora da Lanzada, no cumio do seu retablo barroco, luce unha preciosa imaxe do san Martiño de Tours.
Ao terminar a celebración da eucaristía pregunteille aos devotos de quen era aquela imaxe. E a resposta dividiuse: uns dicían que Santiago Apóstolo e outros que san Martiño.
Claro; desculpeinos. Pois os que pertencen a Archidiocese Compostelá ten asumido que alí onde hai un cabalo branco e un cabaleiro, ese ten que ser Santiago. Pois non é o caso. É certo que o cabalo é branco, pero o cabaleiro rompe a súa capa co probe, nun duro inverno, nas portas da cidade de Tréveris.
E todos contentos. Pero san Martiño de Tours loce coma unha rosa naquela capela da Lanzada.