DSC02459

Roque Santo e Peregrino

Recuperando a festa de san Roque

na cidade de Ourense

16 – VIII – 2023

Fai algún tempo que a festa de san Roque en Ourense capital vense celebrando baixo mínimos. Ben é certo que, ao non ser festivo o día 16 de agosto, día do Santo, todo axuda a que mingüen os festexos, aínda que noutros lugares da provincia a festa estea a medrar ano tras ano. Temos pasado a pandemia da Covid 19, forte coma as máis fortes, se non foran os adiantos científico – médicos co que nos protexemos. Pero san Roque estivo tamén presente nas nosas oracións de súplica e intercesión.

 A devoción a san Roque en Ourense remóntase como mínimo ao século XVI. No ano 1645 o Concello declaraba como votiva a perpetuidade a Cofradía que fora fundada no ano 1598. Pero o seu culto empezou a adquirir maior importancia no século XVII, cando no ano 1679 pediuse a  súa intercesión fronte a epidemia da peste que estaba asolar a rexión.  Á principios do século XVIII xa tiñan lugar na Praza Maior comedias teatrais e corridas de touros para honrar ao Santo. Deste xeito san Roque converteuse en «santo protector da cidade para tempos de pestes y males.

 As festas na honra san Roque ata o século XX eran as máis populares da cidade. Co avance da medicina empezou a decaer o culto a san Roque, aínda que os seus devotos seguen sendo fieis ao Santo e acoden a El nas intercesións pola saúde da alma e do corpo, obtendo non poucos favores. Foi no ano 1901 cando as festas de san Roque deixaron de ser as principais de Ourense en favor das celebradas con ocasión da solemnidade do Santísimo Corpo y Sangue do Noso Señor Xesucristo: eran as festas do Corpus.

 San Roque ostenta tamén en Ourense o padroado sobre a Policía Local ao ser considerado protector, icono de misericordia  para os pobres e desamparados. San Roque ten na cidade unha capela dedicada en Mende e actualmente restaurada. O Santo contaba tamén con un hospital, fundado polo bispo Francisco Blanco entre o ano 1560 e 1561, emprazado na Horta do Concello (actual Alameda de Abaixo), que entrou en decadencia a causa da desamortización de Mendizábal. Derrubouse no ano 1927.

 Fieis ao compromiso adquirido con san Roque polo Concello da cidade de Ourense no ano 1679, hoxe renovamos o compromiso da nosa fidelidade ao Santo e pedímoslle pola saúde de tódolos ourensáns.

 A procesión parte da Catedral ás once e trinta e entra no templo parroquial de Santa Eufemia por unha simple razón: a casa consistorial está radicada nesta parroquia, que se erixiu como tal na Catedral Basílica de San Martiño. De aí que Cabido Catedralicio, Parroquia de Santa Eufemia e Excelentísima Corporación municipal expresen a súa unidade no compromiso co Santo Protector.  Despois de pasar pola praza Maior volverá á Catedral para a celebración da Santa Misa.

Los comentarios están cerrados.