• 27 febrero, 2021

San Rosendo en su novena. Bendición de su imagen en la girola de la S. I. Catedral de Ourense

San Rosendo en su novena. Bendición de su imagen en la girola de la S. I. Catedral de Ourense

San Rosendo

28 – II – 2021
Fitos importantes

e acentos para Igrexa do século XXI:

  • S. Rosendo, Fillo de una nobre familia cristiá. A familia é peza imprescindible para transmitir a fe ós nenos e ós mozos: “As familias, transmisoras da fe”, rezaba o lema da visita do Papa, Benedicto XVI a Valencia.

 

  • S. Rosendo, un mozo do seu tempo. A formación dos mozos e mozas, tamén a relixiosa,  é deber ineludible das familias, que ten que contar ca axuda das distintas institucións civís e relixiosas. A promoción vocacional á vida sacerdotal e relixiosa e tarefa prioritaria e urxente da pastoral da Igrexa.

 

  • S. Rosendo, un Bispo pacificador. Os bispos e os sacerdotes ten a obriga de “facer da Igrexa a casa e a escola da comuñón” na que todos nos sintamos a gusto e en boa harmonía.

 

  • S. Rosendo, un Bispo Fundador. O Evanxeo en Europa levou a santidade a moitos dos seus fillos: “Todos eles, coma ‘pedras vivas’, unidas a Cristo ‘pedra angular’, construíron Europa como edificio espiritual e moral, deixando a posteridade a herdanza máis preciosa”. Europa non sería Europa sen os santos fundadores.

  •  S. Rosendo, un Bispo Gobernador de Galicia. Estamos traballando para conseguir un segundo Estatuto para a comunidade autonómica de Galicia en parangón cas demais comunidades do Estado Español. Boa falta nos fai que san Rosendo nos bote unha man para que miremos máis alá das ideoloxías partidistas e pensemos no ben común de tódolos galegos e galegas. Que os nosos gobernantes non esquezan a ensinanza do Mestre, que “non veu a ser servido, senón a servir e a dar a súa vida en rescate por todos”( Mc. 10,45).

 

  • S. Rosendo, un Bispo Monxe. Unha forte chamada a nosa Igrexa en Galicia para que tome conciencia da importancia da vida relixiosa no pobo cristiá: monxes, relixiosos e persoas consagradas. En verdade, en Galicia estamos vivindo momentos críticos no referente ás vocacións a vida consagrada

 

  • S. Rosendo, un Bispo Santo. Santos son aqueles que dan confianza e permiten estar ó seu lado, dando ilusión e moita esperanza. A san Rosendo podémoslle aplicar aquelas palabras de  Xoán Paulo II: “só cando camiña na presencia do Señor, o Bispo pode considerarse verdadeiramente ministro da comuñón e da esperanza”.

Celanova canta a san Rosendo

Meu corazón, cela vella,

Tes as paredes hedrosas.

Rompendo a cantar estreas

Relampos de Celanova.

——–

A lingua enxerta no ar

Caraveis de arrecendo

Dunha roseira enxertada

No báculo de Rosendo

———

Para a sementeira do lume

Teu devoto é gran de incenso,

Nube que rube pregando

Pola escadiña do ceo.

———-

Rumo de ceo sinala

Teu báculo san Rosendo

 

Galería de fotos:

    Nombre (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    Asunto

    Mensaje

    Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.