IMG_0593

San Xaquín e santa Ana

San Xaquín e santa Ana

A Igrexa celebra hoxe a festividade de san Xaquín e Santa Ana, país da Virxe María e avós do Neno Xesús. É festa grande na parroquia de Santiago das Caldas, aínda que por dereito propio pertencíalle a celebración a parroquia de Santa Ana do Pino por ser alí a patroa. “Santa Rita , Rita, Rita; o que se da non se quita”. A ponte dooulle a filial do Pino unha das súas santas ben queridas; pero a dación non foi completa, pois quedáronse cos festexos.
 
Esta celebración ten neste ano especiais matices por culpa do covid 19, que tanto estrago fixo nas persoas maiores e, consecuentemente, nos avós e nas avoas. Tanto é así que o Sr. Bispo vai presidir a celebración na que se terá un recordo moi especial por tódolos falecidos a causa da pandemia, que levamos padecendo. A celebración esténdese tamén a tódalas residencias de xeriatría, que ten en san Xaquín e en santa Ana aos seus padroeiros.
 
Dinnos os estudosos da socioloxía que xa nada vai a ser igual a partires da experiencia vivida nestes meses pasados e que non sabemos aínda o que nos espera. Pero, sen dúbida algunha, o que non vai cambiar vai ser o amor e a tenrura dos avós para os seus netos. As familias van encontrar sempre nas xeracións cheas de anos, construtoras do presente, o agarimo preciso para abrirlle camiño na vida a os máis novos. A xenerosidade dos pais e das nais nunca se votará en falta, a pesares de que a nosa sociedade fora con eles egoísta e inxusta.
 
Neste día a Igrexa réndelle verdadeira gratitude as persoas maiores, porque elas, no medio do trafego do mundo, son quen de ir abrindo camiños para os máis pequenos ao don da fe, a vivencia da esperanza cristiá e o encontro co amor de Deus, noso Pai, guiándoos pola catequese da iniciación cristiá e da práctica sacramental, que moitas veces os seus propios pais teñen esquecido.
 
Pero nunca é tarde para rectificar comportamentos errados de unha sociedade e desviados do sentidiño común. A sociedade xirou cento oitenta graos no enfoque e na actitude para a atención ás persoas maiores. Os médicos falan con máis seriedade dos protocolos, os políticos, que nunca noutra se viron, deféndense dos seus erros acusando e denunciando a os contrarios, os xornalistas nas tertulias reparten mandobres, sen adquirir calquera compromiso. En definitiva, todos temos dereito a vivir e todos temos dereito a unha sanidade a altura dos tempos que corren sen espellismos nin complexos. 
]]>

Los comentarios están cerrados.