Misa Crismal
Hoxe é tamén unha xornada eminentemente sacerdotal. Polo bautismo todos participamos do sacerdocio do noso Señor Xesucristo. É o sacerdocio común dos fieis. Pero tamén é un día no que o sacerdocio ministerial ten un apartado moi sinalado, xa que nesta xornada de convención sacerdotal renóvanse as promesas sacerdotais. Na misa crismal, presidida polo Sr. Bispo e concelebrada polo presbiterio diocesano, renóvanse o compromiso de cumprir os deberes propios do ministerio, o compromiso de dispensar os sagrados misterios pola celebración da eucaristía e dos demais sacramentos, e o compromiso de ser fieis no desempeño do ministerio da predicación e da acción caritativo social. ¡Que bo día para rezar pola santidade dos sacerdotes e por tódolos cristiáns para que vivamos e valoremos os sacramentos que Deus pon a nosa disposición por mediación da súa santa Igrexa!
Galería de fotos:
]]>

