DSC00018

Misa en acción de grazas pola canonización de San Faustino Míguez

A min prímame a imaxe de San Faustino no deambulatorio da Catedral de Ourense, rodeado de nenos, pais e nais, que escoitan con atención as ensinanzas do noso santo, que tenta, como bo mestre, explicarlle os camiños da sabedoría, que en Cristo, “camiño, verdade e vida”, alcanzará o cumio do saber. Cando esteamos lendo este artigo, pensen que xa temos no ceo a un amigo e veciño, que foi, é e será o noso grande intercesor. ¡Nora boa Ourense, nora boa Celanova, nora boa Acevedo do Río, nora boa Madres Calasancias e nora boa a tódolos seus alumnos!