DSC_0027

Visita Pastoral del Sr. Obispo a la S. I. Catedral

Visita Pastoral

  O domingo, ás 11,45, o Sr. Bispo subirá ao templo pola porta principal; alí será recibido polo Cabido e polas autoridades da cidade. Bicará a Cruz procesional e recibirá a auga bendita, coa que nos bendicirá a tódolos presentes. En procesión visitará a capela do Santísimo e rezará por breves momentos por tódolos seus fieis diocesanos. O Bispo é o «ministro da gracia e do sacerdocio supremo»: Non esquezamos que no mércores santo, na Misa Crismal, o Sr. Bispo consagra e bendí na S. I. Catedral os Santos Óleos que se espallarán por toda a diocese para a santificación sacramental de tódolos crentes. “Chamados a ser santos, con tódolos que en calquera lugar invocan o nome de Xesús Cristo, noso Señor» (1 Cor 1,2). Xa no presbiterio darémoslle a ben vida o Sr. Bispo, rezaremos por el e, de seguido, terá lugar a renovación, por catro anos, do Dean e Presidente e do Cabido e tamén do vicepresidente. O «goberno pastoral» correspóndelle ao Sr. Bispo. «O bispo, no exercicio do seu ministerio como pai e pastor dos seus fieis, debe comportarse como quen serve, sempre inspirado no exemplo do bo pastor, que non foi servido senón para servir e entregarlle vida para as ovellas”.   Logo seguirá a celebración da Santa Misa na que Bispo infundiranos alento e esperanza a todos os presentes, invitándonos a confiar en Cristo, o Salvador do Mundo    ]]>

Los comentarios están cerrados.