• 31 marzo, 2019

O Diaconado Permanente en Ourense

O Diaconado Permanente en Ourense

 

O diaconado permanente

Por primeira vez en Ourense:
Por primeira vez na historia da Igrexa de Ourense, o 31 de marzo ordénase o primeiro diácono permanente na S. I.  Catedral. Será ás 18.30. O Concilio Vaticano II restaurou o diaconado permanente, reafirmando a tripla orde do ministerio ordenado: bispos, sacerdotes e diáconos. Isto aclara que a escaseza sacerdotal non é o motivo da ordenación dos diáconos permanentes, senón que con iso a Igrexa recupera a súa plena identidade xerárquica.

 

Breve historia do diaconado permanente:
O diaconato aparece xa no Novo Testamento e é frecuentemente citado polos pais da Igrexa e polos concilios dos primeiros séculos. A institución diaconal floreceu ata o século V; máis tarde experimentou un lento descenso, acabando por quedarse só como unha etapa intermedia para acceder ao sacerdocio. O Concilio de Trento mandou que se restaurase o diaconado permanente, pero sen accións concretas. O Concilio Vaticano II restitúeo como “o grao propio e permanente da xerarquía”. E, por último, o Código de Dereito Canónico, promulgado en 1983 polo Papa Xoán Paulo II, integrou as disposicións que o Concilio Vaticano II ordenara así como as ensinanzas sobre o tema do Papa San Pablo VI. Nas diócesis españolas, as Normas prácticas para o establecemento do diaconado permanente foron aprobadas en Decreto pola Sagrada Congregación para os Sacramentos e Culto Divino con data do 29 de abril de 1978.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Misión dos diáconos permanentes:
O diácono exerce o servizo ao Pobo de Deus nos tres ámbitos fundamentais da misión da Igrexa: ensinar, santificar e guiar co testemuño caritativo-social. Así, o diácono está chamado a anunciar o Evanxeo e a predicar. O diácono instrúe o pobo de Deus a través da homilía, da catequese e dos distintos espazos de transmisión da Palabra. No ámbito litúrxico e sacramental, o diácono participa na acción santificadora do pobo de Deus. Así, preside a celebración dalgúns sacramentos (bautismo e matrimonio), preside os ritos exequiais e tamén a Liturxia das Horas, a oración dos fieis, e bendí ás persoas e ás cousas e, por riba de todo, axuda ao Bispo e ao sacerdote na celebracións da Eucaristía. No ámbito caritativo-social, de xeito preeminente, o diácono está chamado a ser dilixente testemuño da caridade de Cristo, que veu para servir e dar a súa vida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cal será a súa misión na diocese de Ourense?
Dentro das misión subliñadas e propias dos diáconos, a misión dos diáconos serán aquelas que lle encomende o Sr. Bispo: asistir ao Bispo nas celebracións, celebrar a Palabra, presidir celebracións en ausencia de sacerdotes, bautizar e asistir aos matrimonios, homilías, catequeses, coidado dos enfermos e tamén presidir as Caritas parroquiais, etc. Certamente serán de gran axuda para a Igrexa diocesana.

 

 

 

 

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.