20160409_181417

Oración pola Unidade dos Cristiáns

Octavario pola Unidade dos Cristiáns

 Do 18 ao 25 de xaneiro celébrase o Octavario pola Unidade dos Cristiáns. O Octavario recórdanos neste ano a necesidade que temos os cristiáns de unirnos para axudar a tantos inmigrantes que saen dos seus países de orixe e que son perseguidos pola súa fe ou polas súas ideas. Os cristiáns, que pertencemos ás diferentes nacións da Europa ca que eles soñan, non podemos pecharnos nos nosos egoísmos nin podemos ser  un antitestimonio para ese mundo, rexeitando a quen busca unha boa acollida que lle permita atopar solucións para os seus problemas. No século primeiro os habitantes de Malta “mostraron unha humanidade pouco común” con Paulo e cos seus acompañantes no naufraxio (Feit. 28, 2). Aos cristiáns que vivimos en Ourense, sexa cales sexan as siglas da nosa pertenza, isto da inmigración no Mediterráneo quedanos algo lonxe. Pero, si en Ourense non estamos unidos, teremos que preguntarnos cal podería ser o  motivo que nos levara a vencellarnos para ser testemuño de unión e boa acollida para aqueles que máilo precisan. Non estaría de máis que nos xuntaramos e falaramos uns cos outros para coñecernos, para respectarnos, para perdoarnos, para querernos e para ver que, en realidade, é máis o que nos une que o que nos serpara. Teremos que ir dando pasos nun ambietne de respecto e estima. Non esquezamos que “o camiño faise ó andar”.  ]]>

Los comentarios están cerrados.