Octavario pola Unidade dos Cristiáns
Do 18 ao 25 de xaneiro celébrase o Octavario pola Unidade dos Cristiáns. O Octavario recórdanos neste ano a necesidade que temos os cristiáns de unirnos para axudar a tantos inmigrantes que saen dos seus países de orixe e que son perseguidos pola súa fe ou polas súas ideas. Os cristiáns, que pertencemos ás diferentes nacións da Europa ca que eles soñan, non podemos pecharnos nos nosos egoísmos nin podemos ser un antitestimonio para ese mundo, rexeitando a quen busca unha boa acollida que lle permita atopar solucións para os seus problemas. No século primeiro os habitantes de Malta “mostraron unha humanidade pouco común” con Paulo e cos seus acompañantes no naufraxio (Feit. 28, 2).