Existen duas teorías sobre o levantamento da poderosa fábrica catedralícia durante os séculos XII e XIII -a Consagración do Altar Maior data do 1188-. Algúns estudos sitúana sobre o mesmo solar da primitiva basílica do período suevo.
Mentras que según outros autores o antigo templo suevo estaría situado no lugar que hoxe ocupa a igrexa de Santa María Nai, na construcción da fachada barroca desta igrexa reutilizaronse unhas antigas columnas e capiteis de mármore que ben puideron haber formado parte daquela primitiva catedral, templo suevo que introduciu a advocación da sede episcopal ourensá á memoria de San Martiño de Tours.
Antes do comezo da construcción, a invasión musulmana supuxo una merma económica e demográfica que non se superou ata a repoboación efectuada por Afonso III en torno o ano 900.
O estilo é predominante románico, con influencias do austero cisterciense, xa con formas constructivas que evidencian o canto de cisne do románico as portas do empuxe constructivo do novedoso gótico.
Que cos séculos XIV y XV complementanse os distintos espazos da arquitectura catedralicia, de acusados trazos medievais, elevándose entre 1499 e 1505 o fermoso ciborio seguindo o deseño gótico flamígero, que cos siglos, convertiriase na seña externa máis característica da Catedral.
En canto o interior do templo, ten planta de Cruz latina e nos seus muros o arte conservado exténdese dende a Idade Media ata prácticamente os nosos días.
Da primitiva cabeceira de triple ábside hoxe solo queda o central, que se une as tres naves separadas por pilares cruciformes, arcos dobrados e apuntados, con bóvedas de crucería.
En resumen, a Catedral de San Martíño de Ourense, é testemuña muda de casi 1.000 años de historia da ciudade. Unha visita a Catedral supon unha viaxe a través de seculos de historia, arte e devoción baixo as naves do templo que dan acubillo a unha das comunidades con máis historia e tradición de toda España.
Esperamos que esta web lle axude a coñecer máis en profundiade a riqueza artística e espiritual da Catedral e lle sirva como medio para planificar a sua visita.
Sexan benvidos.